Rainer started reading Bikes, the Universe, and Everything by Elly Blue
Bikes, the Universe, and Everything by Elly Blue (Bikes In Space)
Ever gotten lost in a book? Or on your bicycle? Or both at once, by falling through a portal on …
This link opens in a pop-up window
50% complete! ghose 📚 has read 6 of 12 books.
Ever gotten lost in a book? Or on your bicycle? Or both at once, by falling through a portal on …
When I read something like:
"As far as the body is concerned, stress is stress—it doesn't matter if it comes from a session of intervals or from the emotional strain of a romantic breakup, says John Kiely, an Irish sports scientist and performance coach who's worked with world- class athletes in numerous sports, including rugby and track"
it remainds me "calorie is a calorie wherever it comes from". My ass (excuse me). So "stress is stress"? I'm not sure. I can cope far better with phisical stress than with mental stress
por agora todo é "non hai evidencia científica que soporte que Xxxx mellora a recuperación", sendo Xxxx todas esas cousas que nos venden (literalmente). Nin meterlle proteínas ou comer xusto despois de adestrar (a non ser que vaias repetir en poucas horas); nin o frío/xeo; beber _gatorades tampouco; ... TODO MAL.
Nada, algo haberá, digo eu. A ver se vai resultar que tirarse no sofá patas parriba un par de horas é o que mellor nos recupera XD Espero non estar facendo spoiler
The incredible story of a six-continent journey of self-discovery
Jenny Tough is an endurance athlete who's best known for running …
por Christie Aschwanden en.wikipedia.org/wiki/Christie_Aschwanden
Eu: aquí, pensando.
(...)
Non son quen de sintetizar en dous párrafos o que denuncia esta novela: a discriminación das mulleres en todos os eidos polo feito de selo. A novela por o foco na violencia física e psicolóxica que algúns (demasiados) maridos exercen sobre as súas(!) mulleres.
Not all men!! (escoito)
Pois claro que non. Falamos dos roles asignados polo sistema establecido. Noutras sociedades son (foron, serán) diferentes, e o relevante é que os sistemas e as relacións sociais poden cambiarse de xeito consciente. Non é designio divino(!), nin tampouco a Selección Natural (forza motora da evolución), que de todo se escoita.
Tamén hai mulleres malas!!! (escoito)
Pois claro. O tema é parecido (en termos de xeneralización) ao listos/tontos/ignorantes/palurdos/traballadores/you-name-it que son outros pobos. Os centroeuropeos son moi traballadores e moi produtivos!! (escoito). Aquí se vive mejor!!. My ass.
Xa estou a misturar auga con aceite. …

Xa estou a misturar auga con aceite. Mellor deixalo.
Nin machista nin feminista! (escoito)
É a vida social a xestión das relacións de poder?
A novela
A descrición da protagonista inicial (influencer) botábame un pouco para atrás, pero pronto se ve que é o xeito en que autora escolle un personaxe actual, para facernos ver que isto non é algo que pasaba antes, se non que é de agora.
Descríbese con crudeza e de xeito explícito (de forma necesaria) a violencia sobre a parella. Para iso recúrrese a dúas liñas temporais converxentes a través dun suceso paranormal e da historia familiar dos personaxes.
Aproveita a autora para reivindicar asimesmo, e pór en valor, a dignidade das mulleres que en tempos aínda máis difíciles loitaron por dereitos humanos fundamentais. Non esquece facer un aceno ao valor da cultura propia e ao proceso tamén violento que supón verse na obriga de abandonala (por medios violentos ao fin).
O libro está dispoñible na biblioteca pública.
PREMIO DE NARRATIVA ILLA NOVA 2018
A novela das mulleres que rachan co silencio. Unha influencer sobe unha foto ás …
por agora está ben, entretén mentras presenta as (por agora) dúas liñas temporais.
Está correctamente escrito. Sabes o que quero dicir? Non é unha marabilla, non é esa sensación das frases escritas no lugar e coas palabras perfectas. Non é esa sensación ao ler ao Gª Márquez de turno (tampouco esperaba iso), pero está dous chanzos por enriba da autoedicións do amazon. Quero dicir con isto que vou seguir lendo, aínda que xa temo por onde vai ir a historia. "Temo" porque un pouquiño de misterio e intriga sempre ven ben, que igual meto a zoca e non sae por onde supoño.
A sensación aquela de mirarse ao espello e ver algo que nos caracteriza, incluso nos define, asumila con naturalidade, pero hai quen te mira e parécelle unha eiva, mais para ti é simplemente parte de quen es, sen maior importancia. Sabes que non es mellor ou máis importante que outras, só es ti.
Emporiso, se veñen a darche a turra con A ver cando arranxas iso, ou Tes que ir ao médico a que cho vexa, ou peor aínda... non tes dereitos fundamentais garantidos ou sofres discriminación social (nas relacións persoais, laborais, coa administración pública,...) debido a esa característica túa, entón complícase a cousa e comezas a mirarte ao espello doutro xeito, a pensar en como arranxar o "problema", a tapalo, a que non se vexa.
O libro son relatos curtos, moi breves algúns, case fragmentos de escenas, onde se intenta pór en valor a lingua que …
A sensación aquela de mirarse ao espello e ver algo que nos caracteriza, incluso nos define, asumila con naturalidade, pero hai quen te mira e parécelle unha eiva, mais para ti é simplemente parte de quen es, sen maior importancia. Sabes que non es mellor ou máis importante que outras, só es ti.
Emporiso, se veñen a darche a turra con A ver cando arranxas iso, ou Tes que ir ao médico a que cho vexa, ou peor aínda... non tes dereitos fundamentais garantidos ou sofres discriminación social (nas relacións persoais, laborais, coa administración pública,...) debido a esa característica túa, entón complícase a cousa e comezas a mirarte ao espello doutro xeito, a pensar en como arranxar o "problema", a tapalo, a que non se vexa.
O libro son relatos curtos, moi breves algúns, case fragmentos de escenas, onde se intenta pór en valor a lingua que nos é propia. Un valor que vai máis alá do político ou incluso da industria cultural, alumando a idea de que a ferramenta que usamos para comunicarnos desenvolveuse durante xeracións para adaptarse e definir ás persoas e ao seu xeito de vivir. Dentro desa lingua está a esencia do pobo que a usa.
As sociedades cambian, e cambian de ferramentas que usan, que agora xa non lles valen ou cren que van mellor servidas con outras. Pero, tes certeza de que non vale? Non estarás perdendo algo de ti nese proceso?, algo valioso en si mesmo, parte de ti, unha herdanza que alguén coidou e deuche a responsabilidade de coidar, non para ti, se non para quen ha de vir. A responsabilidade é co futuro.
Non teño conceptualizada unha teoría nin elaborado un discurso que soltarche aquí, non temas, xa remato.
Algunha escena do libro ponche un sorriso na cara, outras son un trago acre de realidade. Non todos teñen que ver coa lingua que nos define (mescuchas Gadis?) mais todos apuntan á formación da identidade. Non, máis ben á definición da identidade, ao que nos define como persoas. A veces dun xeito alegórico en relación á natureza, outras atendendo ao amor por outras persoas.
Si, refírese ao idioma galego e a Galiza, pero non só.
Logo de Orixe, a súa primeira novela e Premio Blanco Amor 2003, Séchu Sende volve cun libro de relatos especialmente …